Vilas Fariña, o cronista oficial de Vilanova de Arousa

    vilas_faria100_250907_-_still_001.jpgVILANOVA > Onte o Concello de Vilanova celebrou un pleno extraordinario para levar ó cabo a aprobación …

    …para a concesión do título de cronista oficial de Vilanova de Arousa a Xosé Lois Vila Fariña.Unha materia pendente que por fin se fixo realidade mediante o voto por unanimidade de toda a corporación municipal. Unha vella promesa que por fin se cumpre despois de un ano de trámites e erros burocráticos que fixeron que ata onte Vila Fariña non puidera ser o máis que merecido cargo de cronista oficial de Vilanova.

    Este escritor, gran coñecedor da comarca do Salnés pese as súas deficiencias físicas que non intelectuais aparte de adicarse á investigación científica, tamén escribiu obras de teatro e artigos relacionados con Valle Inclán pero sobre todo é un grande coñecedor da comarca do Salnés.

    Un outorgamento onde tódolos partidos da oposición mostraron a súa satisfacción polo nomeamento, coa crítica engadida do BNG que lamenta que a proposta sexa pouco ambiciosa ó non estar contemplado na sesión extraordinaria un local de traballo para o historiador.

    O concelleiro de cultura Xosé Xoán Durán, anunciou que probablemente en Novembro se levará o cabo un pleno de honra onde se materializará o acordo plenario e entregarase ó escritor a distinción de cronista oficial de Vilaxoán

    Durán engadiu que o día en que se celebre ese pleno de honra tamén sairá a luz a vindeira obra de Vilas Fariña que polo de agora é todo un misterio.A proposta finalmente foi aprobada por tódolos grupos políticos por unanimidade

    O acto rematou ca felicitación persoal de tódolos políticos que conforman a corporación municipal do concello, sendo o más gratificante a felicidade do xa oficial cronista de Vilaxoán Xosé Lois Vila Fariña.

    Redacción Salnés