Máis de cincuenta negocios participan na campaña de Nadal da ABE

BOIRO> Para o desenvolvemento da campaña comercial de Nadal a patronal local conta coa colaboración do Concello.

Un ano máis a patronal boirense pon en marcha a súa campaña de Nadal. Será unha proposta similar á que veu desenvolvendo con gran éxito este verán, coa participación duns 50 comercios asociados á entidade, a través da entrega de rascas por cada cinco euros de compra.

O presidente da ABE fixo alusión á boa acollida que está a ter outra iniciativa posta en marcha pola entidade, como é o Bono Regalo.

Para o desenvolvemento da campaña a ABE, conta coa colaboración do Concello, a través da concellería de Comercio, dende onde insistiron novamente na necesidade de apostar polas compras a nivel local, coma mellor fórmula para o desenvolvemento económico do municipio.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí