Malestar en Taragoña pola tardanza no arranxo dunha canalización

    fochancataragoa_260907.jpgRIANXO > Veciños do lugar do Cruceiro quéixanse pola desidia do executivo local en arranxar unha fuga existente nunha canalización de auga.

    Segundo sinalan os propios veciños de Cruceiro na parroquia rianxeira de Taragoña a situación vén derivada dende o mes de abril. A pesar de terllo comunicado en máis dunha ocasión ó concello para que procedese a súa reparación urxente, polo de agora nada se ten solucionado. Ó parecer a rotura da tubaxe provoca que a auga discorra pola estrada a baixo, constituíndo un serio risco para os peóns que transitan diariamente pola zona, xa que se trata dun camiño moi empregado ó se-la única comunicación dos veciños de Iñobre coa estrada comarcal AC-305 e co lugar de Campo de Pazos. Ademais a forza da auga provocou tamén a apertura de varias fochancas que dificultan o paso dos vehículos.

    Do problema tamén se fixo eco o grupo municipal do BNG que non entende como despois de tanto tempo o executivo aínda non dou resposta ás demandas dos veciños. Segundo eles o feito de tratarse dunha canalización privada non é excusa suficiente para aínda non se resolvese o problema.

    Redacción Barbanza