Paso atrás do Boiro nas súas aspiracións de permanencia

    BOIRO> Onte domingo caía coa Arandina por un gol e a cero. O Boiro caía onte domingo en Aranda del Duero ante a Arandina por un gol a cero. Os boirenses rompen así a boa xeira de resultados das últimas semanas, nas que encadearon catro partidos sen coñecer a derrota. Nesta ocasión ademais os de Fredi caían ante un rival que ocupa postos de descenso directo. Un trunfo permitiríalle afianzar un pouco máis a súa permanencia na categoría. Aínda así o Boiro non mereceu perder, e cando menos fixo méritos máis que suficientes para traerse un empate. O gol local chegada á media hora de xogo por mediación de Portero. Na segunda metade os boirenses fóronse arriba, adiantando liñas e aumentando efectivos en ataque, aínda que as ocasións claras non chegaron e marcador xa non se movería. O Boiro ocupa a décimo quinta praza na clasificación con 32 puntos, superando en dous o Mutilvera que é agora o conxunto que marca dos postos de playoff de descenso. En canto ó resto de resultados de equipos galegos nesta categoría destacar as vitorias do Pontevedra ante o Valladolid B, 2 a cero, a do Racing de Ferrol 1- Lealtad 0 e a do Celta B 3-Osasuna B 1. O Coruxo e o Somozas perdían os seus enfrontamentos ante o Caudal Deportivo e Guijuelo, 2-1 e 2-0, respectivamente.