RIANXO> O Conselleiro do Mar desprazouse ata Rianxo para comprobar o resultado das obras para dotar ó porto de novos departamentos de usuarios. A actuación supuxo un investimento próximo ós dous millóns de euros.
O novo edificio de departamentos para usuarios que vén de acometer Portos de Galicia en Rianxo supuxo un investimento próximo ós dous millóns de euros.
Estas naves, cunha superficie total de 1300 metros cadrados, suporán unha notable mellora dos condicións dos profesionais que traballan no porto. A estrutura dos departamentos e de formigón prefabricado, con cuberta sandwich de aluminio e fachada en trespa, material especialmente resistente nos ambientes mariños.
Coidouse ademais o deseño da urbanización e o alumeado para a súa integración harmónica no porto.