Unha veciña de Vilagarcía foi detida por equivocación na noite do xoves xunto con Miguel Ángel Gómez

    RIBADUMIA> Noelia González de 30 anos e residente en Vilagarcía foi detida por error na noite do pasado xoves polos mesmos policías que perseguiron a tiros e detiveron a Miguel Angel Gómez. Os axentes abordárona mentres agardaba nun semáforo en vermello e relacionárona con Miguel Angel acusándoa dun delicto de tráfico de drogas.

    As dúas detencións acontecían na noite do xoves e a escasos metros de distancia. Miguel Angel Gómez era perseguido a tiros e detido en Barrantes e Noelia González era detida neste mesmo lugar metros máis adiante mentres agardaba nun semáforo que estaba en vermello. Noelia afirma que ‘estaba tan tranquila no meu coche cando me asaltaron tres homes e unha muller a punta de pistola obrigándome a que me metera no seu coche’. Nun primeiro momento negouse a entrar e os policías ensináronlle a placa identificativa e inmediatamente metérona no coche. Comezaron a rexistrar o seu vehículo e cando a xente se empezou a agolpar no lugar os policías optaron por seguir o rexistro no descampado que se atopa nos arredores do campo de Fútbol de Ribadumia. Foi nese mesmo lugar onde os policías secretos comezaron a acusar a Noelia de cómplice nun delicto de trafico de drogas.

    Os axentes mantiñan que Miguel Ángel lle dera algo e que ela o metera no maleteiro dodetida_barrantes_300_250907_-_still_001.jpg seu coche o que ela lles negou con rotundidade. Ámbalas dúas detencións aconteceron na mesma noite, sen embargo, diferéncianse no tempo que ámbolos dous afectados permaneceron detidos. Mentres que Miguel Angel era liberado ás tres horas, Noelia permaneceu nos calabozos da comisaría de Pontevedra dende a noite do xoves ate a tarde do venres cando foi trasladada ate unha finca da súa propiedade para continuar investigándoa. Despois de rexistrar esta finca achegaron a Noelia ate a comisaria de Pontevedra onde lle devolveron as súas pertenzas e o seu coche deixándoa en liberdade.

    Noelia denunciou onte o caso no xulgado número dous de Cambados. Esta veciña de Sanxenxo que reside dende hai uns anos en Vilagarcía deixa así que este erro se solucione en mans da xustiza. Nembargantes o único que quere Noelia é limpar a súa imaxe xa que afirma que ela ‘ non está metida en ningún lío’.

    Redacción Salnés