As detencións de Noelia e Miguel Ángel estaban autorizadas

    subdelegado_goberno_100_270907_-_still_001.jpgPONTEVEDRA> O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, afirmou hoxe que as detencións dunha moza e dun mozo

    … o pasado xoves estaban autorizadas xudicialmente e que os erros cometidos non son tantos como parecen.

    Delfín Fernández recalcou que os erros que se puideran cometer serán determinados por un xuíz. O subdelegado do goberno en Pontevedra tamén lembrou que a Unidade de Delincuencia e Crime Organizado ten a súa sede na comisaría de Pontevedra pero que as súas operacións están totalmente desvinculadas de esta.

    Segundo o subdelegado dende o corpo nacional de Policía permanece aberta unha investigación interna para determinar se se cometeron erros nestas operacións e para determinar as responsabilidades que correspondan.

    En canto ós 15 detidos pola súa implicación nunha rede de falsificación de psicotécnicos, entre os que figuran os donos da ‘autoscola Barrantes’, en Ribadumia e varios veciños de Cuntis e Vilagarcía, o subdelegado afirma que esta medida servirá como exemplo. Respecto a tódalas persoas que adquiriron os preto de 10.000 certificados psicotécnicos por vías fraudulentas o delegado afirmou que será a autoridade xudicial a que determine as sancións ou medidas que se leven a cabo en cada caso.

    Redacción Salnés