Berro unánime na Pobra por unha rebaixa do nivel de restricións

POBRA> A Pobra botouse esta mañá ‘literalmente’ á rúa para protestar pola decisión do Comité Clínico de manter  ó municipio no nivel máximo de restricións, a pesar de que a incidencia acumulada está moi por debaixo dese nivel. A protesta partiu do propio Concello e do sector hostaleiro da vila que lle reclaman á Xunta que suavice as actuais medidas.

Por uns momentos, durante media hora aproximadamente, entre as doce e as doce e media, na estrada AC-305, ó longo de todo o seu tramo urbano, dende a praza do Concello ata a rotonda da estación de autobuses, na Covecha, os coches deixaron o seu protagonismo ás persoas.

A rúa foi tomada por centos de veciños, que, mantendo na medida do posible as distancia de seguridade, e cun café na man, en apoio á sector hostaleiro, mostraban a súa indignación pola decisión do Comité Clínico de manter ó municipio no nivel máximo de restricións, a pesar de que a incidencia acumulada está moi por debaixo dese nivel.

A convocatoria partiu do propio Concello e da hostalería local, que seguen sen entender a postura do Comité Clínico.

A esa mesma hora a corporación celebraba tamén un pleno extraordinario e urxente no que os catro grupos con representación municipal aprobaban por unanimidade unha iniciativa na que entre outros acordos se solicitaba ó Comité Clínico a revisar e suavizar as actuais medidas de restrición. Algo que dende o Concello confían en que se produza

A protesta tamén foi acompañada dunha recollida de sinaturas para entregar llas ó Comité Clínico, cun texto reivindicativo sobre a situación actual do sector da hostalería e outros negocios afectados polo peche, ós que se lles presenta un futuro cheo de incertezas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí