A alcaldesa de Cuntis reuniuse co Subdelegado do Goberno en Pontevedra

    reunin_100_270907_-_still_001.jpgPONTEVEDRA> Fátima Monteagudo, alcaldesa de Cuntis, reuniuse esta mañá con Delfín Fernández, Subdelegado do Goberno en Pontevedra, …

    … para poñelo en coñecemento das diferentes reformas e medidas que desexa levar a cabo no concello. Entre estes proxectos sinalou a necesidade de mellorar a estrada Nacional 640 que pasa polo centro de Cuntis e a reforma do cuartel da Garda Civil.

    Na reunión tamén trataron outros temas como o traspaso da propiedade da estrada vella e de dúas isletas que se atopan na entrada de Cuntis ó concello. Esta medida lles permitiría mellorar o aspecto da entrada de Cuntis.

    Fátima Monteagudo tamén lle propuxo ó subdelegado de goberno un proxecto de biodiversidade que pretenden poñer en marcha no parque de Maráns se contan con axuda económica da consellería de Medioambiente. Ó igual que a reforma de algúns muíños na zona da Patela.

    Ó rematar a reunión Delfín Fernández afirmou que terá en conta tódalas propostas da alcaldesa de Cuntis. O subdelegado tamén se comprometeu a achegarse ate o concello nos vindeiros días para reunirse cos directivos da Garda Civil e da Policía de Caldas para tratar diferentes temas de seguridade. En canto os demais proxectos afirmou que se porá en contacto con Medio Ambiente e co Servicio de Estradas para poñelos en coñecemento destes temas e poder concertar unha futura reunión.

    Redacción Salnés