Ribeira incrementa as axudas ás entidades sociais do municipio

RIBEIRA> O concello de Ribeira asinou os convenios de colaboración coas entidades sociais do municipio. Ademais desta contía anual, que aumentou con respecto ó pasado exercicio, a intención do concello é subscribir novos convenios a principios de 2023 para aumentar as axudas.

A Creba, AMBAR, AMICOS, Faiben e Renacer asinaron esta mañá os convenios de colaboración anuais co concello que lle permiten sufragar os gastos derivados da súa labor cotiá en favor de colectivos con necesidades específicas.

Este ano as axudas experimentaron un lixeiro incremento ascendendo ata os 3400 euros por entidade. Contía que se sumarás á prevista nun novo convenio a principios do ano que permitirá duplicar a asignación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí