Morre un veciño de Cornazo a causa dun accidente laboral

    VILAGARCÍA > Arredor da unha da tarde de hoxe falecía un home de 41 anos de idade despois de sufrir un accidente laboral.

    Ó parecer un fallo no mecanismo dunha maquinaria provocoulle a morte.

    Descoñécense exactamente os detalles do falecemento. Membros da consellería de traballo presentáronse no lugar do accidente para tratar de esclarecer as causas do sinistro. Estaba casado, e tiña 2 fillos .

    morte200_031007_001.jpgOs Familiares e amigos coñecían pouco despois da fatídica noticia. Ás dúas da tarde un helicóptero do servizo 112 , efectivos do 061 e protección civil saían da empresa talleres Buenos Aires pero xa non puideron facer nada. O suceso aconteceu na recta de Rubians onde traxicamente perdeu a vida Manuel Da Ponte Vila, natural de A Laxe anque residía na aldea do Cornazo.

     O falecido presidía a asociación de veciños deste lugar onde era moi coñecido e querido por todos. Non se coñecen con precisión os detalles do suceso. Segundo as fontes consultadas o falecido traballaba na parte traseira dun camión nunha plataforma elevadora que lle caeu enriba aplastando á víctima ata desangrarse.

    Familiares e amigos coñecían pouco despois a fatídica noticia. Como é natural os familiares non daban crédito ó acontecido. Pero todos insistían en lembrar que Manolo era un rapaz especial e que tiña moi boa relación con tódolos seus compañeiros e veciños.

     Dende o concello, o tenente alcalde Xosé Castro Ratón tamén quixo transmitir as súas condolencias e apoio ós familiares da víctima, que necesitaron axuda psicolóxica.

    Ó lugar do suceso achegáronse os inspectores da consellería de traballo que determinarán as causas polas que se produciu o tráxico accidente laboral.

    O falecido saía no coche fúnebre ás 2 e media da tarde para dirixirse o tanatorio da vila. Manuel Daponte será enterrado o vindeiro venres ás e 6 e cuarto da tarde .

    Redacción Salnés