Portos mellora a seguridade viaria no paseo de O Cantiño na Illa de Arousa

    A ILLA> A mellora da seguridade viaria no paseo de O Cantiño na Illa de Arousa xa é unha realidade. Portos de Galicia comezou as obras neste treito, que é un dos viais máis frecuentados da vila. 

     

    O presidente de Portos de Galicia estivo este mércores na Illa de Arousa, para comprobar in situ como avanzan as obras no paseo de O Cantiño. Unha acción coa que o ente autonómico pretende dar resposta a unha antiga demanda do concello, para mellorala seguridade viaria nese emprazamento. 

    Unhas obras de mellora que segundo palabras do alcalde da Illa, eran moi necesarias e esperadas.

    Ademais o presidente de Portos, José Juan Durán, aproveitou a súa visita a Illa de Arousa para anunciar unha ampliación da lonxa promovida pola Consellería do mar por un importe que xira en torno aos 300.000 euros. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/porto_illa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/porto_illa.mp4{/flowplayer}