BARRO > Ás 3 da tarde escoitábase unha explosión en Curro no municipio de Barro. Un home, V.M.C de 32 anos …
…traballador no sector da pirotecnia resultaba ferido ó estallarlle un fogo preto das inmediacións da súa casa que lle provocou un burato nun costado. O estoupido que fixo estallar os cristais dunha casa próxima, atraeu a numerosos curiosos que se achegaron ó lugar do accidente; mesmo da impresión unha muller caía ó chan desvanecida.
O ferido non perdeu a consciencia en ningún momento e foi traslado na ambulancia ó Hospital de montecelo onde continua en período de probas e con prognóstico reservado
Redacción Salnés