VILAGARCIA> Se hai un sector que se sinte prexudicado e sinalado polas medidas sanitarias é o da hostalería. Os establecementos séntense fartos de que se lles sinale como culpables. Piden compensacións urxentes á xunta para compensar os peches.
As novas medidas impostas pola consellería de sanidade reduce de forma considerable o traballo dos establecementos hostaleiros. Os locais só poderán abrir para a recollida e o reparto a domicilio. Os hostaleiros están fartos de pagar todas as consecuencias.
As continuas restricións e os peches están a provocar que moitos pechen os seus negocios.
Os hostaleiros piden axudas urxentes á Xunta que cheguen a todos os negocios.
Os hostaleiros xa preparan mobilizacións para mostrar o seu malestar pola situación actual. A primeira delas terá lugar o venres diante da Xunta de Galicia á que acudirán hostaleiros de toda Galicia.