O PSOE da Pobra reclama a existencia do río Xunqueiras

    teresa_100_031007.jpgA POBRA > O grupo municipal do Partido Socialista da Pobra do Caramiñal vén de remitirlle un informe á Consellería de Política Teritorial, concretamente á Dirección Xeral de Urbanismo, …

    para que recoñeza a existencia do río Xunqueiras e o inclúa no informe definitivo do PXOM. Segundo os socialistas o executivo local empéñase en que a dita canle non apareza. Por esta razón para os socialistas resulta verdadeiramente incongruente como o executivo nega a existencia do río Xunqueiras, pero leva a cabo unhas obras de canalización para unha servidume de rega na zona das Carrouchas procedente deste mesmo regato.

    De novo os socialistas fan referencia á política de amiguismos empregada polo actual executivo pobrés. Dende o executivo local negáronse as acusacións formuladas polos socialistas, aludindo a que non existen preferencias á hora de realizar obras no municipio. Neste sentido sinalaron que estas son executadas en función das necesidades dos veciños e nunca por criterios partidistas.