![]()
POBRA > Se se salvan os últimos escollos, a tan desexada Galescola podería chegar á Pobra do Caramiñal no vindeiro ano académico 2009 – 2010.
Nos últimos anos, a Pobra vén experimentando un repunte da natalidade, pasando de douscentos once nenos de entre cero e tres anos no 2004 a douscentos corenta e nove no 2006, polo que se fai máis necesaria unha galescola.
Desde hai un tempo o BNG vén constatando un abandono do goberno local respecto a estes temas de índole social. A secretaria xeral da igualdade, Carme Adán, retomou a idea da galescola con moito interese, co compromiso de estudalo en base ós datos proporcionados e inclula no programa de Vicepresidencia do 2008.
Cesión de terreos
Pero antes de que o proxecto da galescola para a Pobra poda ser aprobado definitivamente, hai que solventar aínda un pequeño escollo, a súa aprobación en pleno e a aportación de terreos por parte do concello para a súa construcción.
Aínda que o grupo nacionalista da Pobra xa ten miradas algunhas opcións para a ubicación da escola infantil, non as vai propoñer polo de agora para que non sexa un condicionante e apoiarán a decisión que tome o pleno, polo que instan ós outros grupos a que apoien esta iniciativa e por fin a Pobra poida ter unha gardería infantil pública. Para poder contar cunha galescola o concello pobrés terá que adherirse previamente tamén ó consorcio galego de benestar de vicepresidencia.
Redacción Barbanza










