O BNG presenta alegacións á suba do prezo da auga

    POBRA> O BNG da Pobra vén de presentar alegacións á suba da taxa do abastecemento da auga proposta pola empresa concesionaria. Os nacionalistas animan ós veciños que se opoñan a estes incrementos a que presenten tamén as súas emendas a título particular. A suba da taxa polo servizo da auga, correspondente a actualización do IPC dos últimos tres anos, non está xustificada segundo o BNG que xa presentou unha serie de alegacións a esta proposta da empresa concesionaria que foi levada a pleno no pasado mes de setembro Ademais do incremento dos prezos da auga, da conexión e do mantementos dos contadores critican a creación dunha nova taxa en concepto de reapertura que ata o momento non existía. Os nacionalistas ofrecen asesoramento ós veciños e anímanos a presentar alegacións particulares contra esta actualización de prezos que consideran abusiva posto que se trata dun servizo básico.