![]()
RIBEIRA > Esta semana darán comezo as obras de remodelación da praza do concello de Ribeira, unha actuación presupostada en máis de 400 mil euros.
Os operarios da empresa Seixo xa están a traballar na praza do concello, acotando os espazos onde nos próximos días iniciarán os traballos de remodelación do entorno da casa consistorial. A empresa comprometeuse a remata-la obra antes do 21 de decembro, garantindo así que este espazo, un dos máis transitados do centro urbano ribeirés, estea operativo para o Nadal.
Para acometer esta actuación, consistente na renovación do pavimento, será preciso pecha-la praza polo que o executivo solicita a comprensión dos veciños ante as molestias que poidan ocasiona-las obras.
A única zona que poderá ser transitada será a entrada á casa consistorial e, ó mesmo tempo, habilitaranse pasos de peóns para poder curzar a Avenida Rosalía de Castro e a Rúa Nove de Agosto.
Zonas verdes
O proxecto de remodelación da praza do concello, que conta cun orzamento de 400 mil euros, contempla o mantemento de tódalas zonas verdes existentes, incluída a palmeira central que conta con décadas de antigüidade.
Así mesmo, o executivo está a estuda-la fórmula de harmonizar a nova praza coa fachada da casa consistorial.
Esta actuación vense sumar ás obras de humanización que o goberno local está a acometer en todo o casco urbano da localidade co fin de humaniza-lo centro da vila habilitando máis espazos de lecer para os peóns.
Redacción Barbanza









