Rafael Louzán acusa á Xunta de Galicia de obstrucción con fines partidistas

    expedientes100_041007_-_still_002.jpgPONTEVEDRA > Persecución partidista. Rafael Louzán cualificou deste xeito ós máis de 20 expedientes sancionadores que a Xunta de Galicia…

    …abriulle á Deputación de Pontevedra. O presidente da institución asegura que esta reacción do goberno de Galicia vai en detrimento dos intereses de tódolos pontevedreses. Rafael Louzán asegurou que a institución que el preside é forte e que continuará coa mesma liña de acción para a provincia a pesar do “acoso e derribo” a que están a someter a Deputación dende a Xunta.

    O presidente da Deputación recordou que obras tan importantes como a cidade deportiva de Barro ou o vial destinado a unir o Salnés con Pontevedra están nestes intres paralizadas. Louzán asegurou que se trata dunha política por parte da Xunta destinada a dificultar a labor da Deputación.

    Redacción Salnés