![]()
O GROVE > A edición número 44 da Festa do Marisco xa abriu as súas portas. Xente de toda España achegarase ata o vindeiro día 14 …
… ás carpas instaladas no Corgo. Dende o Concello esperan que aproximadamente unhas 150.000 persoas gocen un ano máis das bondades da súa gastronomía.
Os primeiros visitantes non se fixeron esperar. Foron os que máis cedo se achegaron a visitar as carpas que ata o 14 de outubro serán o corazón gastronómico de Galicia. Todo está xa preparado para facer desta cita un novo éxito. Xente de tódolos puntos participaran nesta cita que xa é un clásico dentro das festas gastronómicas nacionais.
Ameixas, berberechos, cigalas, camaróns, polbo, rodaballos ou vieiras son só algunhas das receitas que se poderán degustar no Grove ata mediados deste mes. En definitiva, marisco e xente para tódolos gustos. Trátase dunha nova oportunidade para degustar o incomparable marisco da ría no marco dunha vila como O Grove.
DÍA DE PORTUGAL
Como xa se vén facendo noutras edicións, o primeiro día da festa dedicouse a Portugal. Coa compaña dunha banda de gaiteiros, o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos , recibiu ás autoridades de Matosinhos, entre elas, a responsable de Turismo e a vicepresidenta da Cofradía Gastronómica desta localidade que chegaron, acompañadas por un séquito de concelleiros ataviados coas mellores galas.
Os mandatarios de ambos países asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo iniciativas que potencien a cultura, a gastronomía e turismo dos dous concellos. O acto rematou cun intercambio de agasallos para logo asistir a un percorrido pola vila grovense onde puideron contemplar as obras artísticas do Simposium de Escultura. A visita turística finalizou cun xantar a base de marisco que fixo as delicias das autoridades portuguesas.
Redacción Salnés








