Prohibido o cambio de sentido no cruce O Castro-Vilariño

    CAMBADOS> O concello de Cambados actúa para mellorar a seguridade viaria na avenida de Vilariño. En concreto, o goberno local vén de prohibir o cambio de sentido no cruce da rúa O Castro e o vial principal. Unha medida coa que buscan evitar os atascos en horas punta. O concello de Cambados vén de prohibir o cambio de sentido no cruce de O Castro con Vilariño. Dende hai uns días, os condutores que se incorporen á avenida e queiran dirixirse ao centro cambadés terán que dar a volta na rotonda. Segundo explicou José Ramón Abal, ese é un dos puntos negros da rede viaria cambadesa. Por iso, nas horas punta está previsto que axentes da policía local se despracen ata ese cruce para explicar os cambios aos condutores. Esta non é a única intervención na zona. Xa comezaron as obras para ampliar o cruce da PO-300 coa rúa Cruceiro; traballos que foron posibles grazas a un acordo coa propietaria do terreo, e que se realizan con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación. As obras foron adxudicadas por 16 mil euros e teñen un prazo de execución de tres meses. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/cambados_estrada_vilarino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/cambados_estrada_vilarino.mp4{/flowplayer}