Hoxe comeza a campaña de vacinación contra a gripe

    gripe100ok_081007_001.jpgPONTEVEDRA > Hoxe comezou na provincia de Pontevedra a campaña de vacinación antigripal e antipneumocóciga do 2007.. O delegado de sanidade na provincia presentou …

    …esta maña as directrices que seguirá a campaña. Preténdese con isto concienciar sobre todo as persoas con enfermidade de risco e os maiores de 65 anos para que se vacinen. Os facultativos recomendan non se acuda masivamente o primeiro día as consultas para evitar aglomeracións xa que o poden facer ata o vindeiro 30 de Novembro.

    264 entre centros médicos e residencias son os puntos nos que se poderá acudir a vacinarse na provincia de Pontevedra. O delegado provincial de sanidade deu por comezada esta maña a campaña 2007 de vacinación contra a gripe e explicou cales son os grupos que prioritariamente teñen que vacinarse.Principalmente os maiores de 65 anos e as persoas con enfermidades de risco

    Os grupos de risco son aquelas persoas que poidan ter enfermidades cardiovasculares e crónicas como asma ou problemas de corazón, as persoas ingresadas, con deficiencias , nenos con tratamentos prolongado de ácido acetil salicílico ,embarazadas ou tamén aquelas persoas que están en contacto con grupos de risco. Todas elas deberán vacinarse contra a gripe e o neumococo.

    Martín tejedor tamén explicou cales eran obxectivos da campaña como diminuir as consecuencias da gripe e alcanzar cada ano unha cobertura maior.Acadar ó 65 % da poboación. Vacinarse reduce notablemente o risco de colle-la gripe ademais de minguar os síntomas de outras enfermidades máis graves.

    É necesario facelo tódolos anos xa que cada ano a composición da vacina varía como nesta campaña que se engadiu un novo composto para combater outros tipos de virus que provocan a gripe. Así que a vacinarse, teñen aínda como prazo ata o vindeiro 30 de Novembro.

     

    Redacción Salnés