Un conductor sae ileso despois de que un camión aplastase o seu coche

    accidente_curro100_091007.jpgBARRO > O conductor dun turismo saíu hoxe milagrosamente ileso dun aparatoso accidente ocorrido en Curro…

    … O coche no que conducía foi embestido por un camión.

    accidente_curro300_091007.jpgVendo esta imaxe calquera pensaría que houbo un desgracia. Pero hoxe este conductor pode dicir que volveu a nacer, e el mesmo lle daba grazas a deus por salvar milagrosamente a súa vida. O accidente ocorreu sobre as 10 desta mañá na PO531 que une Pontevedra con Vilagarcía, á altura de Barro. O audi con matrícula de Salamanca 3746 –S que conducía E.A.F., de 28 anos, esperaba na isleta para incorporarse á ITV de Curro, cando foi embestido polo camión, con matrícula de Portugal 30-BI-38. O golpe foi tal que acabou arrastrando o turismo atravesando os dous carrís da estrada ata parar diante dunha panadería.

    Os primeiros en acudir ó lugar do accidente foron os traballadores dunha empresa cercana pero a súa sorpresa foi ver saír polo seu propio pé ó conductor do turismo. Ata o lugar do accidente acudiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061. E.A.F saíu practicamente ileso do accidente e só presentaba contusións no brazo e na perna esquerda. Logo dunha primeira valoración e asistencia, foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Pontevedra – Montecelo. Namentres, o conductor do camión, que saíu ileso, aproveitaba para sacar unha instantánea de tal milagre.

    Redacción Salnés