Todo listo para o Duatlón Trail de Pobra

    POBRA> O primeiro Duatlón Trail da Pobra celebraráse o próximo domingo 27 de novembro. A proba combinará as dúas modalidades de deporte máis en alza, o BTT e o Campo a Través. Ademais de fomentar unha práctica saudable, o concello pobrense pretende dar a coñecer unha das zonas máis fermosas do concello, a parroquia de Postmarcos. 

     Unha combinación de Mountain Bike, ou BTT, e Campo a través, ou Trail. No incomparable entorno de San Isidro de Posmarcos, na Pobra. A primeira edición do Duatlón Trail do municipio terá lugar o próximo domingo 27 de novembro, e terá unha duración total de 22,5 quilómetros. Segundo aseguraron esta mañá na presentación do evento deportivo, os perfís técnicos da proba son bastante asumibles. Para o alcalde da Pobra este primeiro Duatlón pon de relevancia tamén o potencial turístico da zona. O prazo para inscribirse neste Duatlón Trail da Pobra finaliza este domingo 20 de novembro, e os interesados poden facelo na páxina web: www.galitiming.com