Pose presentou as alegacións dos mexilloeiros o anteproxecto da Lei de Pesca

    pose_081007_-_100.jpgVILAGARCÍA > Agustín Pose, portavoz do sector mexilloeiro de Galicia no Pleno do Consello Galego de Pesca, presentou hoxe…

    …as alegacións ó anteproxecto da Lei de Pesca. Pose asegura que por primeira vez en moito tempo a unión entre os traballadores foi posible e amosouse optimista. Día axetreado para Agustín Pose. O portavoz dos mexilloeiros galegos falou con Telesalnés-Barbanza do acontecido hoxe en Santiago onde presentou as alegacións á futura Lei de Pesca.

    Os dou temas principais deste documento foron a transmisión e a caducidade das concesións. Pose amosouse optimista despois da reunión mantida en Santiago e recalcou a importancia de que neste asunto os profesionais do sector están unidos a diferencia do acontecido noutras ocasións. O portavoz asegurou que se trata dunha Lei moi ambigua e pediu más concreción para este proxecto.

    Redacción Salnés