![]()
BOIRO > O Xefe da Demarcación de Costas anunciou o inminente comezo das obras do paseo marítimo de Escarabote, …
… presupostadas nuns 800 mil euros. A actuación, cun prazo de execución de once meses, prevé a recuperación ambiental do bordo litoral dende a zona do porto ata Punta Estivada.
Segundo sinalou a pé da obra o Xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil, que acudiu a Escarabote acompañado de varios membros do executivo local, a actuación prevista polo Ministerio de Medio Ambiente centrarase no acondicionamento de accesos, na recuperación dos seus recursos naturais e na mellora de equipamento en todo o borde litoral. As obras, que serán levadas a cabo pola empresa OVISA abarcarán unha franxa de costa de aproximadamente 500 metros de lonxitude e un ancho de seis metros de media.
Rafael Eimil aludiu tamén a outras actuacións que están pendentes en Boiro como é o caso dos proxectos de rexeneración e recuperación ambiental do río Coroño e Esteiro.
REDACCIÓN BARBANZA











