POBRA> O Partido Popular non lle dá relevancia ó feito de que Nós Pobra e Partido Socialista anuncien a ‘bombo e platillo’ que retoman as negociacións co BNG para tratar de acadar un pacto de goberno. Si lla dá ó feito de que anuncien agora, un ano despois da súa celebración, que o acordo do pleno de outubro, nunca debeu chegar a producirse.
O voceiro popular entende que no trasfondo de todo está o aspecto económico.