O PP vilagarcián esixe respostas a alcaldesa sobre a Lei de Dependencia

    dependencia100_091007_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > Obsesión enfermiza. Con estas palabras cualificou Tomás Fole a actitude do goberno vilagarcián, e máis concretamente…

    a do PSOE, con respecto as iniciativas da oposición. Os populares pídenlle a alcaldesa datos sobre a lei de dependencia. Unha información que, segundo eles, se lles negou para días máis tarde se lle facilitou ós medios de comunicación.

    O PP de Vilagarcía ven de presentar no Rexistro do Concello un escrito dirixido á alcaldesa no que lle solicita os datos sobre a aplicación na vila da Lei de Dependencia. Segundo os populares, esta información se lles ocultou para días maís tarde aparecer nos medios de comunicación. A responsable de Política Social do Grupo Municipal Popular, Marta Rodríguez Arias, asegura que a labor da administración local para aplicar esta lei é clave e demanda a falta de información. Asegura a popular que o 50% das persoas que poderían optar a esta prestación o descoñecen.

    Os populares piden información relativa a cántas solicitudes de foron presentadas en Vilagarcía, o punto de atención no que se rexistraron así como o número destas solicitudes que chegaron á Xunta. Os populares vilagarciáns apostan pola creación dunha Oficina Municipal para a Atención ós Dependentes que brinde información e facilidades a aqueles que opten a esta Lei.

     Redacción Salnés