BOIRO> O presidente da Asociación Boirense de Empresas, Daniel García, e a presidenta da Asociación Barbantea de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza, Patricia Davila, foron os encargados de asinar este convenio, a través do cal tratarán de promover a inclusión social e laboral das persoas con TEA, así como sensibilizar ó tecido empresarial da comarca co Trastorno do Espectro Autista.
Unha das primeiras acción a realizar será un almorzo dirixido ás empresas da comarca. Durante esta sesión, ofrécense pautas e ferramentas prácticas para que os negocios poidan adaptarse e ser máis accesibles a clientes con TEA.
Con este acordo, a ABE reforza o seu compromiso coa responsabilidade social empresarial, mentres que Barbantea amplía o seu alcance e posibilidades de apoio ás persoas con TEA e as súas familias na comarca do Barbanza.










