A festa do marisco do Grove sáldase con 194.000 racións vendidas

    O GROVE > A festa do marisco do Grove vai chegando ó seu final, aínda que nesta fin de semana espérase a maior afluencia de xente. A gárdase que se repartan mási de 190.000 racións entre as miles de persoas abarrotarán o recinto feiral …

    …da vila para probar e deleitarse co mellor marisco das Rías Baixas.

    A festividade da ponte do Pilar e o bo tempo que nos acompaña fai que miles de persoas decidan pasar estes días gozando da boa gastronomía que temos en Galicia. A festa do marisco é un claro exemplo que a fusión de boa compaña e boa comida, é sinónimo de un día inesquecible.

    As expectativas tanto do concello como da organización é vender o maior numero de racións posible, marcando así outro ano de éxito rotundo con case 190.000 racións vendidas.

    marisc1300_121007_001.jpgA coincidencia desta xuntanza gastronómica coa celebración do día do Pilar fai que a vila espere a chegada de miles de visitantes. Esto provoca que o concello tome medidas especiais de seguridade para evitalos roubos inesperados. Catro cámaras de vixilancia son unha das novidades deste ano.

    Toda prevención é pouca cando se trata dun evento destas características que congregará a miles de persoas durante a fin de semana. Os roubos están a orde do día pero hoxe xa todo está preparado para que nada saia fora do previsto. Dende o concello prepararon todo un dispositivo para extrema-las medidas de seguridade Un sistema de vixilancia que este ano presenta unha novidade, a instalación de cámaras que prestarán un servicio de control por imaxe polo día e pola noite

    O problema do aparcadoiro no Grove é de sobra coñecido, por iso dende o concello habilitaron un espacio especial para aparcar con trasporte público gratuíto para desprazarse

    A seguridade na festa do Grove está garantizada, agora so queda achegarse ata aquí e gozar da xornada gastronómica que como sempre ofrece ós visitantes a mellor materia prima, o marisco da terra.

    Unha 44 edición da festa do marisco do Grove que se clausurará o vindeiro domingo coas mellores previsións, esperando eso sí, que o ano que ven, o marisco, o auténtico protagonista nos siga deleitando con festas coma esta.

    Redacción Salnés