Os proxectos do Plan E en Vilagarcía crearon 275 empregos

    anton_louro_copia100.jpgVILAGARCÍA> O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, visitou esta mañá o municipio de Vilagarcía de Arousa, para valorar as actuacións do Plan E.

    {flowplayer}images/salnes/ANTON_LOURO.flv{/flowplayer} 

    ón Louro fixo balance do Fondo Estatal de Inversión Local integrado no Plan E. Neste sentido, remarcou que Vilagarcía conta cunha inversión de máis de 6,5 millóns de euros para a execución de 24 proxectos. Desas actuacións, 23 xa están adxudicadas e pagadas na súa maior parte. De feito, o Concello vilagarciano xa recibiu 4,2 millóns de euros de transferencias dende o Ministerio de Política territorial.

    O Delegado do Goberno visitou xunto coa alcaldesa, María Dolores García, as obras do casco histórico e mostrouse moi satisfeito co desenvolvemento das mesmas.

    Durante a Visita, Louro referiuse tamén ós cerca de 16 millóns de euros que os Presupostos Xerais do Estado para 2010 recollen para Vilagarcía.

    O delegado do Goberno en Galicia destacou que o novo acceso ó porto de Vilagarcía, para o que se consignan más de 4,5 millóns de euros, estará listo na próxima primavera. Asimesmo, aludiu á rehabilitación do mercado e ó cuartel da Garda Civil.  

    Redacción Salnés