CAMBADOS> O IES Asorey de Cambados homenaxea o día escolar da non violencia e a paz con baile e poesía. Todo o alumnado desprazouse á praza de Fefiñáns para realizar as diferentes actuacións. A organización e ensaio dos bailes e os recitais correu a cargo dos propios escolares.
O IES Asorey de Cambados desprazouse á praza de Fefiñáns para homenaxear o día escolar da non violencia e a paz. Os máis de 400 alumnos e alumnas do centro máis os mestres realizaron diferentes actuacións para esixir aos políticos que loiten pola paz. Dende o centro tamén buscan con esta iniciativa que ao alumnado respecta a convivencia nas aulas.
Todas as actividades foron organizadas e ensaiadas polo propio alumnado do centro. A primeira parte foi unha introdución onde os mozos e mozas lembraron a orixe do día da paz e recitaron diferentes textos e poesía.
A continuación tiveron lugar as actuacións artísticas con tres bailes de BTS permise to dance, Michael Jackson e Master KG. Nas dúas últimas participaron todos os alumnos.
Todo o acto foi filmado tamén por un grupo de estudantes con dous obxectivos: crear unha peza de recordo e dar os seus primeiros pasos na profesión.
Todas as actividades realizáronse tendo en conta as normativas sanitarias. Os propios mestres, achegáronse horas antes a Fefiñáns para marcar no chan os espazos onde os alumnos realizarían as súas actuacións garantindo así as distancias de seguridade.