Protesta veciñal en Vilagarcía

VILAGARCÍA>  Os veciños da Escardia, Guillán e a Torre protestan contra abandono que sofren por parte do Concello de Vilagarcía. O fixeron diante do ascensor avariado que da acceso ó paso inferior da estación. Piden unha solución para poder transitar con normalidade.

Dende hai máis dun mes os veciños da Escardia, Guillán e a Torre teñen dificultades para baixar a Vilagarcía a pé ó estar avariado o ascensor que dá acceso á estación. Esta é unha das moitas incidencias que sufriu este equipamento dende que se inaugurou hai máis de 3 anos. Os preto de 30 veciños e veciñas que hoxe se deron cita na Praza da Estación piden solucións.

O paso é utilizado a miúdo por xente maior que ten dificultades á hora de acceder ás escaleiras. Este é o único medio que teñen para trasladarse ó centro de Vilagarcía a pé sen terse que desprazar varios metros. Os veciños dan aviso ó concello cada vez que sucede unha avaría e ante a falta de solución decidiron facer un escrito e comezar a mobilizarse.

Segundo os veciños a última información que lles deu o concello foi que o problema era causado por inundacións na sala de máquinas. Considera que o paso non é un luxo senón unha necesidade e seguirán facendo o que faga falla para que Ravella lles de unha solución. O goberno local pola súa banda explicou que o ascensor atópase en obras para evitar as avarías que sofre cando se inunda o foso. Afirmaron que o problema reside en que o equipamento construído por ADIF está á intemperie e sen protección polo que a chuvia filtra e causa as avarías. Esperan que o elevador volva a estar operativo e mediados da vindeira semana.