POBRA> Os deputados, Julio Torrado e Noa Díaz, mantiveron esta mañá unha xuntanza co alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e a edil de Sanidade, Patricia Lojo, para interesarse pola situación que se está a dar no dispensario pobrense.
Na actualidade a atención pediátrica no centro de saúde da Pobra realízase tan só unhas horas á semana, debido á ausencia do pediatra habitual. O servizo está a prestarse de xeito temporal polo pediatra de Boiro, pero a situación cambiará a partir do próximo luns.
Dende o Concello sinalan que non é un problema novo, senón que se repìte de xeito sistemático tódolos anos en certas épocas do ano, polo que piden unha solución por parte do Sergas.
A situación será levada ó Parlamento de Galicia. O grupo parlamentario socialista presentou xa varias iniciativas para instar á Xunta a garantir este servizo.
Dende o PSOE aluden a que se trata dun problema por desgraza bastante habitual en toda Galicia, debido as políticas de recortes levadas a cabo pola Xunta nestes últimos anos.