O BNG solicita a implantación da cita telefónica no Hospital do Barbanza

    hospitalbarbanza_100_080307.jpgBARBANZA > O BNG presentou unha iniciativa parlamentaria solicitando a implantación da cita telefónica para tódalas especialidades do Hospital do Barbanza.

    No texto que vén de rexistrar a deputada nacionalista no Parlamento, Ana Pontón, pregunta pola posibilidade de que os usuarios do hospital comarcal do Barbanza poidan pedir as citas de tódalas especialidades por teléfono. Existen na actualidade algunhas consultas, como é o caso de oftalmoloxía ou xinecoloxía, para as que aínda hai que desprazarse ata o hospital para obter a cita. Os nacionalistas non entenden o por que desta diferencia e piden que se xeralice a cita telefónica, máis aínd ana tpaa de expansión tecnolóxica en que nos atopamos. Deste xeito, entenden, as persoas que traballan poderían aforrar tempo e a xente maior evitaría unha serie de problemas para desprazarse.

    Escasa inversión

    A deputada parlamentaria lembra que para introducir estes cambios non é preciso realizar as inversións senón instaurar novas rutinas que redundarán positivamente na calidade asistencial e nunha mellor percepción cidadá do sistema sanitario público. Por este motivo, insta á consellería de Sanidade a estender a solicitude de cita por teléfono ó conxunto de especialidades así como a que sexan os propios especialistas os encargados de programar as revisións periódicas, evitando ó paciente ter que acudir ó médico de cabeceira para que lle dea o correspondente volante.

    Redacción Barbanza