Fomento confirma a desaparición da liña Ferroviaria do baixo Ulla

    O SALNÉS > A Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez descartou manter vixente a actual conexión ferroviaria que une Vilagarcía e Osebe pasando polos concellos de Catoira, Pontecesures, Valga e Padrón

    Esta era a resposta da ministra ó deputado nacionalista no parlamento, Francisco Rodríguez quen lle preguntou a viabilidade de que continúe o servizo en ditos lugares.

    Álvarez tamén argumentou a decisión coa posta en funcionamento do AVE, que segundo a ministra ditas poboacións quedarán atendidas pola liña de alta velocidade.

    Para o deputado do BNG, Francisco Rodríguez estase desaproveitando unha magnifica ocasión de incentivar conexións de rede de cercanías

     

    Redacción Salnés