As embarcacións de menos de 8 metros de eslora poderían quedar exentas do uso de sistemas de xeolocalización da nova regulamentacion europea

VILAGARCIA> As embarcacións de menos de 8 metros de eslora e que non faenen fora da ría poderán quedar exentas do sistema de xeolocalización do novo regulamento de control de pesca. Con este obxectivo traballará no parlamento a eurodeputada Clara Aguilera. Así o anunciou trala reunión mantida coa dirección da DOP en Vilagarcía.

O sector pesqueiro galego leva meses mobilizándose en contra da nova regulamentación da pesca que proxecta a Unión Europea. Dende a Federación Galega de Confrarías de Pescadores mostran o seu rexeitamento a normas como a obrigatoriedade de sistemas de xeolocalización nos barcos de entre 4 e 12 metros de eslora. Unha protesta que chegou ao parlamento europeo. A eurodeputada Clara Aguilera asegura que tentará que se exclúa de esta norma aos barcos cun tamaño inferior a 8 metros.

Outra das cuestión que tamén critica o sector é a da instalacións de cámaras a bordo. Unha medida que a eurodeputada defende advertindo que só afectará aos que cometen ilegalidades.

A pesar de toda a polémica, a eurodeputada sinala que o proxecto aínda non comezou a fase de negociación.

Na reunión, a eurodeputada tamén tratou outros temas de interese como o etiquetado dos produtos, a aprobación das axudas Fempa ou as decisións da organización mundial do comercio. Decisións que poderían pasar pola eliminación dos subsidios á pesca, o que poría en dificultades a gran parte do sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí