EU oponse ós aparcamentos soterrados na zona do Con

    juan_fajardo_100_270509.jpgVILAGARCÍA> Juan Fajardo critica tamén as zonas verdes e a reordenación do tráfico contemplada no proxecto Luz Salgada.

    {flowplayer}images/salnes/270509_eu_luz_salgada.flv{/flowplayer}

    O plan Luz Salgada contempla a peonalización do río Con, así como a reordenación do tráfico na zona e a construción de dous aparcamentos soterrados. A execución destes parkings é precisamente o aspecto do plan máis criticado por Esquerda Unida, pero non o único. Fajardo acusa ó goberno local de intentar empregar un ben público para beneficio da iniciativa privada, ó argumentar que a peonización do entorno do río do Con o único que busca é eliminar prazas libres de estacionamento para que os veciños teñan que facer uso dos aparcamentos. Un plan, o Luz Salgada, que segundo Esquerda Unida continúa co modelo urbanístico deseñado polo anterior goberno socialista.

    En canto ás zonas verdes proxectadas no plan, Esquerda Unida sostén que se trata de espazos que xa existen, e poñen en dúbida que se vaian crear novo parques sobre os aparcamentos soterrados.

    Fajardo considera que antes de poñer en marcha unha actuación como esta o goberno debería ter consultado ós cidadáns. É por isto que Esquerda Unida pensa poñer en marcha unha campaña informativa para explicar ós vilagarciáns en que vai consistir o proxecto Luz Salgada.

    Redacción Salnés