![]()
O SALNÉS> Domingo Tabuyo sinalou que desta forma soluciónase un dos problemas máis importantes ós que se enfrontan as adegas. Do mesmo xeito, asegurou que é de vital importancia a defensa do sector vitivinícola do Albariño.
{flowplayer}images/salnes/TABUYO_POR_ALBARINO.flv{/flowplayer}
Segundo os socialistas, esta proposición non de lei supón unha iniciativa sen precedentes para salvagardar o futuro e a imaxe do Albariño a nivel nacional e internacional. Domingo Tabuyo sinala que, relacionar o Albariño con viños etiquetados sen denominación de Orixe, suporía un gran varapao para o sector vitivinícola do Salnés e de Pontevedra. Deste xeito, afirmou que o momento para protexelo era agora ou nunca.
Dende o PSdG, afírmase que están moi satisfeitos, xa que cumpriron un compromiso moi importante coa cidadanía.
Tabuyo explicou que a proposición non de lei vai supoñer un esclarecemento dun punto que estaba a crear confusión no consumidor.
Deste xeito, o socialista sinala que se pon en marcha unha medida na que se pon en valor o caracter único do Albariño.
Tabuyo asegurou que é de vital importancia defender un sector tan dinámico, puxante, e recoñecido internacionalmente e a singularidade do Albariño.
Redacción Salnés








