O SALNÉS> O Gordo tamén caeu en dous puntos da comarca do Salnés. No bar Campos de Vilagarcía venderon dous décimos do 88008, é dicir, 800.000 euros. Na illa de Arousa, entre tanto, vendeuse un único décimo, dotado cun premio de 400.000 euros.
A champaña saltou polos aires ás portas do bar campos, en pleno centro de Vilagarcía. Aquí venderon dous décimos do máxico 88008, o Gordo da Lotaría de Nadal.
Nati non agochaba esta mañá a súa ledicia ao coñece-la boa nova. Trátase da primeira vez que vende o Gordo.
Explícanos que os dous décimos premiados son de máquina. Que tocan igual que os de sempre aínda que non a todo o mundo lles gusta.
Ela cre que os dous boletos premiados levounos a mesma persoa que, pode, agasalle un a un amigo.
Neste bar malia que é a primeira vez que toca o Gordo xa teñen repartido outros premios importantes.
O Gordo tamén fixo parada na administración da Illa de Arousa. Aquí tan só se vendeu un décimo do 88008, é dicir, un único premio de 400.000 euros que deixan tamén moita ledicia no municipio insular.