Boiro foi sede do Campionato Galego Sub-17 de baloncesto 3×3

BOIRO> Onte, durante todo o día, aproveitando a xornada festiva do Día das Letras Galegas, disputábase en Boiro, no pavillón de Santa Baia, a primeira edición do Campionato Galego de Clubs 3×3 U17.

A cita, organizada pola Federación Galega de Baloncesto, en colaboración co Club Baloncesto Santa Baia e o concello de Boiro, contou coa participación dun total de 5 equipos en categoría feminina e 13 en masculina procedentes de clubs de todo o ámbito autonómico.

A vitoria no cadro masculino foi para o Ensino de Lugo, que superou na Final ó EDO Blanco Amor de Ourense por 19 a 10.

Na competición feminina o trunfo foi para o Rosalía de Santiago, que vencía ó Ensino Lugo por  14 a 12.

Resaltar tamén a terceira praza na categoría masculina, do CB Rianxo, un dos equipos que, xunto co anfitrión, o Santa Baia representou á comarca do Barbanza neste torneo.

Os equipos Campións e Subcampións Galegos obtiveron praza para o Campionato de España desta categoría que se disputará en Mallorca, do 9 ó11 de xuño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí