A POBRA> O concello da Pobra acolleu a xunta local de seguridade tras dous anos sen reunirse por mor da pandemia. Na xuntanza, a subdelegada do goberno na provincia da Coruña, María Rivas, dou conta da tendencia descendente da taxa de delincuencia no municipio.
A subdelegada do goberno, María Rivas, presidiu a xunta local de seguridade celebrada este mediodía na Pobra. Os responsables do concello xunto con representantes dos corpos da Garda Civil e da Policía Local analizaron a situación do municipio en materia de seguridade cidadá e conflitividade, unha situación que mellora este ano ó constarse un descenso do número de delitos.
Mención aparte merece a ciberdelincuencia cun incremento das estafas telemáticas a nivel global.
A mesa abordou tamén nun apartado específico a situación en materia de violencia de xénero. Neste sentido, a subdelegada dou conta dos trámites realizados para a constitución da mesa local de coordinación institucional en materia de violencia de xénero e da incorporación da policía local da Pobra ó sistema Vioxen.
Durante o encontro tamén aproveitaron para deseñar os diferentes dispositivos especiais que se porán en marcha durante as festas do verán, especialmente no Nazareno.