Os veciños do baixo Ulla indignadados pola posible supresión da liña ferroviaria

    SALNÉS > Os veciños dos concellos de Catoira, Pontecesures, Valga e Padrón móstranse indignados pola intención do ministerio de Fomento de inabilititar a liña ferroviaria que une Vilagarcía e Padrón por mor da posta en funcionamento do novo trazado do tren de alta velocidade.

    A nova da posible supresión da liña ferroviaria que pasa polos concellos de Valga, Catoira, Padrón e Pontecesures non caeu nada ben entre os seus veciños que ven inxusto quedar sen servizo ferroviario por mor do AVE que non lles beneficia directamente nas súas necesidades de transporte.

    estacion2300_171007_001.jpgCatoira, é unha vila na que reside unha alta porcentaxe de xente maior que non teñen outra vía de transporte que a liña ferroviaria para desprazarse. Unha situación que empeza a xerar preocupación entre os cidadáns os cales non se lles da ningún tipo de solución.

    En Pontecesures a resposta é rotunda. Non están dispostos a renunciar a un   dereito que segundo eles lles pertence por ser un servizo público.

    Se finalmente Fomento cumpre a súa previsión de suprimir a liña Ferroviaria na zona do baixo Ulla, os veciños non descartan mobilizacións.

     

    Redacción Salnés