RIANXO> O concello de Rianxo aprobou os estudos de detalle de dúas parcelas incluídas no Plan Parcial Pazo de Rianxiño. De saír adiante permitirá a construción de novas vivendas nesta zona onde tamén está prevista a futura residencia para a terceira idade.
Trala súa aprobación en xunta de goberno, os estudos de detalle destas parcelas atópanse á exposición pública como paso previo ó seu visto bo definitivo. O executivo decidiu axilizar a tramitación deste proxecto ante o interese amosado tanto polos propietarios dos terreos como polos promotores para a construción de novas vivendas nesta zona.
Ademais das vivendas, nesta bolsa de terreos emprázase a parcela de titularidade municipal onde a Deputación da Coruña ten previsto construír a futura residencia de Rianxo.











