Rafael Louzán: ‘O expediente é unha pataleta política de Touriño’

    agustin_hernandez__100_130409.jpgPONTEVEDRA> O presidente da Deputación resta importancia á investigación aberta ó popular Agustín Hernández por suposto incumprimento da Lei de Incompatibilidades.

    {flowplayer}images/salnes/130409_louzan_agustin_hernandez.flv{/flowplayer}

    O ata agora presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou a semana pasada a apertura dunha investigación para aclarar se o popular Agustín Hernández infrinxiu a Lei de Incompatibilidades no 2005, cando ocupaba o cargo de director xeral de Obras Públicas durante o mandato de Manuel Fraga. O goberno saínte asegura que nesa época adxudicáronse varias obras a empresas entre as que estaba Sercoysa, a firma que contratou a Hernández cando rematou a xestión do PP. Segundo o presidente da Deputación, Rafael Louzán, este expediente non é máis que unha controversia interesada por parte de socialistas e nacionalistas.

    Louzán asegura que Hernández coñeceu a apertura deste expediente pola prensa, e que a día de hoxe aínda non recibiu notificación algunha do proceso.

    Agustín Hernández foi elixido como deputado por Pontevedra nas últimas autonómicas e sona como posible candidato a encabezar a consellería de Obras Públicas.

    Redacción Salnés