Conde Pumpido nomea a Carlos Aladro, fiscal da udiencia provincial de Pontevedra

    pumpido100_181007_001.jpgPONTEVEDRA > Carlos Aladro xa é oficialmente o novo fiscal da audiencia provincial de Pontevedra.

    A designación deste novo posto correu a cargo do Fiscal Xeral do Estado, Cándido Conde Pumpido quen confesou que o elixido é o mellor representante fiscal para a provincia de Pontevedra.

    Un acto que estivo rodeado da máxima expectación polas personalidades asistentes como a do fiscal Xeral de Xustiza, Cándido Conde Pumpido, o conselleiro de presidencia, Jose Luís Méndez Romeu entre outras autoridades para acompañar o recién nomeado fiscal da Audiencia provincial, Carlos Aladro que tomou posesión do seu cargo mediante as reverencias protocolarias do acto oficial onde afirmou que afronta esta etapa con ilusión e responsabilidade

    O xa oficial fiscal da audiencia de Pontevedra afirmou que o seu obxectivo neste cargo é melloralas actuacións fiscais nacomarca do Salnés No seu discurso, Aladro tivo un momento de recordo para os seus compañeiros dos cales destaca a súa profesionalidade aínda nos momentos de colapso, referíndose os obstáculos que tiveron que pasar para que o departamento da fiscalía teña os mismos dereitos que calquera departamento xudicial, apróposito da reforma do ministerio fiscal.

    A visita foránea que causou máis expectación foi a do fiscal xeral do estado, Cándido Conde Pumpido que felicitou ó novo fiscal, resaltando que a súa elección foi a mellor para o posto A partires de agora Carlos Aladro designará os novos maxistrados que compoñerán o seu equipo de áreas de traballo.

     

    Redacción Salnés