Barbanza celebrará un acto lúdico en contra da LOMCE

     RIBEIRA> Coincidindo coa convocatoria de folga na educación, a asemblea en defensa do ensino público do Barbanza desenvolverá un acto reivindicativo.

    {flowplayer}barbanza/presentacionmanifestacioneducativa.flv{/flowplayer}

    Pais, alumnos, mestres e demais sectores da comunidade educativa sumaranse ó acto de protesta convocado pola asemblea en defensa do ensino público.

    Os profesores fan un chamamento á participación para mobilizarse en contra dos recortes e da lei LOMCE que cualifican de clasista e reaccionaria.  Nos mesmo termos pronúncianse os alumnos que critican as dificultades que introduciría a nova lei co incremento das taxas e o endurecemento das probas para acceder a ensinanzas superiores. Tamén as ANPAS secundarán a xornada de folga e o acto reivindicativo posto que a nova norma reduce a participación dos pais na programación dos centros, mermando a capacidade de decisión sobre a educación dos seus fillos.

    O acto de protesta terá unha compoñente lúdica con animación musical. Dará comezo ás sete e media da tarde na praza do concello de Ribeira.

    Redacción Barbanza