O concello de Boiro denuncia á ex técnica de Igualdade pola emisión de certificados irregulares

BOIRO> O concello de Boiro denunciou no xulgado de Ribeira as presuntas irregularidades cometidas pola ex técnica de Igualdade na emisión de certificados. Conclúe así o expediente iniciado a raíz das queixas dun grupo de mulleres usuarias do CIM que mantiñan unha estreita vinculación con esta técnica que finalizou o contrato a finais do pasado ano.

Tras máis dun mes gardando silencio, o goberno municipal de Boiro puido por fin dar as oportunas aclaracións con respecto ás acusacións formuladas por un grupo de usuarias de CIM ó respecto dun presunto maltrato institucional. Fixérono agora unha vez concluído o expediente iniciado o pasado 27 de xaneiro para investigar os feitos e remitidas as conclusións tanto ó xulgado como á Secretaría Xeral de Igualdade.

A orixe da polémica reside na finalización do contrato da anterior técnica de Igualdade a finais de 2022 que non puido ser prorrogado por cuestións administrativas. Finalizado este contrato, o concello de Boiro puxo a disposición destas mulleres o servizo psicolóxico do CIM para dar continuidade ó grupo de autocoidado que tiñan constituído.

Lonxe de aceptalo, as mulleres denunciaron mala praxe por parte dunha profesional do servizo. Chama a atención que das 13 persoas que asinan o documento de denuncia, 7 nunca foron atendidas por esta traballadora. No transcurso da investigación, o concello puido constatar a emisión irregular de numerosos certificados acreditando a condición de vítima de violencia de xénero a estas mulleres.

Os servizos xurídicos do concello concluíron que estes feitos poden ser constitutivos de delito polo que os responsables municipais presentaron a correspondente

O alcalde lamentou o xeito de proceder da Secretaría xeral de Igualdade e dos grupos da oposición que antepuxeron os intereses electorais á protección dos dereitos das partes implicadas neste conflito.

Pide ós grupos que recapaciten e pidan desculpas públicas ó persoal do concello por poñer en entredito a súa profesionalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí