Investigan a aparición dun cadaver sen identificar no cemiterio de Chozas en Moraña

    MORAÑA> Investigan o achado dun cadáver no cemiterio de Chozas, en Moraña. O corpo, do que se descoñece a identidade, apareceu nun nicho que debería estar baleiro. A Garda Civil xa abriu unha investigación para esclarecer os feitos.

     

     Os restos humanos eran descubertos na tarde do sábado dentro dun nicho do Cemiterio de Chozas na Parroquia morañesa de Saiáns. O nicho en cuestión non debería estar ocupado e, segundo varias fontes, o corpo non se encontraba dentro dun cadaleito.

    Un corpo de varón sen identificar do que non transcendeu o seu estado de descomposición polo que se descoñece cando morreu e o tempo que podería levar aí. Sen saber se a súa morte foi accidental, natural ou violenta, outra das incógnitas ás que deu lugar o achado foi a identidade do falecido. Os veciños de Saiáns non teñen constancia da desaparición de ningún veciño e pensan que pode ser alguén doutra vila ou de fóra do concello.

     Ata o cemiterio se desprazaron patrullas da Garda Civil, a xuíza de garda de Caldas e o forense quen levou a cabo o levantamento do cadáver. A espera de que se coñezan os resultados, está previsto que a autopsia se faga estes días no Instituto de Medicina Legal de Galicia en Pontevedra.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/26/morana_cadaver_nicho.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/26/morana_cadaver_nicho.mp4{/flowplayer}