Medio Rural e o SLG valoran positivamente a vendima deste ano

    conselleiro100_231007_001.jpgPONTEVEDRA > O Delegado Provincial de Medio Rural, Gonzalo Cónstela, reuniuse hoxe en Pontevedra co Sindicato Labrego Galego…

    …para facer balance da vendima deste ano na Denominación de Orixe Rías Baixas. Ambas partes fixeron unha valoración positiva da colleita deste ano, que pese a ser escasa en cantidade, gozou de gran calidade.

    Sindicato Labrego Galego e Delegación Provincial de Medio Rural, amosáronse satisfeitos pola vendima deste ano. Ambas partes coincidiron en salientar a notable calidade da uva recollida, aínda que a producción fose menor debido á mala climatoloxía do verán. Gonzalo Cónstela,destacou a gran utilidade do Contrato Homologado asinado entre productores e adegas, que garante a compra-venda da uva, e que funcionou satisfactoriamente tanto o ano pasado, no que houbo sobreproducción, como neste, no que estivo por debaixo da media.

    Por último, o Sindicato quixo engadir que están a preparar un proxecto de campaña para os días do Nadal, nos que se promoverá e fomentará o consumo do viño das Rías Baixas.

    Redacción Salnés